IX Curso de Música de Bandeira (Pontevedra)

A Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira organiza o IX Curso de Música de Bandeira que terá lugar do 2 ao 5 de abril no Auditorio Manuel Do Pazo.

O horario das clases será de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00h. O importe da matrícula é de 80 € para alumnos activos e 20 € para oíntes.

As especialidades e profesorado co que conta o curso son:

  • Trompeta, impartido por Roberto Pascual Bodí López
  • Frauta, a cargo de Fernando Raña Barreiro
  • Trompa, co mestre Miguel Ángel Garza
  • Tuba, a cargo de José M. Redondo
  • Trombón, co profesor Pétur Eiriksson
  • Clarinete, impartido Venancio Rius Martí
  • Percusión, con Juan Collazo Quinteiro
  • Pianista acompañante: Alejo Amoedo Portela


Paralelamente desenvolveranse as seguintes actividades:
"Os músicos son persoas", conferencia impartida por Álvaro Varela Ferradáns, o luns día 2 ás 20:30 h
"As bandas a exame", presentación da investigación Deza en curso, a cargo de Cristina Vázquez Gómez, o martes día 3 ás 20:30 h.
Odaiko percusión, o mércores 4 pola noite no café bar Arume

Consulta o cartel e o folleto do curso, onde podes obter o boletín de inscrición. Despois do 26 de marzo o prezo da matrícula incrementarase en 10 €.

Máis información nos teléfonos 609 421 247 e 617 736 473 ou en Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Fuente: FGBMP

Vídeos + Recientes

Fotogalerías NBM

Las cookies nos ayudan a personalizar NUESTRAS BANDAS DE MÚSICA especialmente para ti y algunas son imprescindibles para que nuestro sitio web funcione. Las cookies también nos permiten mostrar ofertas y promociones personalizadas, tanto dentro como fuera de nuestro sitio web.
Cómo Configurar Aceptar Decline